Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | País Vasco | |||
Provincia | Áraba ![]() | |||
Capital | Laudio ![]() | |||
Páxina web | cuadrilladeayala.eus ![]() |
A Cuadrilla de Aiara (en éuscaro: Aiaraldea), oficialmente Cuadrilla de Ayala/Aiara, é unha das sete comarcas ou cuadrillas do territorio histórico de Áraba, no País Vasco.
A comarca sitúase ao noroeste de Áraba, limitando con Biscaia e coa provincia de Burgos cunha superficie de 328,12 km² e unha poboación de 34.231 habitantes (2010). A maior parte da comarca sitúase na conca alta do río Nervión. A pesar de pertencer a Áraba, a comarca atópase dentro da área de influencia de Bilbao.
Inclúe os municipios de Amurrio, Artziniega, Aiara, Laudio e Okondo. Aglutina un total de 45 localidades, sendo as principais poboacións Laudio e Amurrio, que son respectivamente a segunda e terceira poboacións máis habitadas de Áraba.
© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search